Este traballo foi realizado no contexto das prácticas da materia de Intelixencia Artificial do grao de Enxeñería Informática da USC. O dataset "xogadores.csv" contén algunhas das estatísticas (puntos por partido, rebotes por partido, asistencias por partido, altura e salario medio anual) dos 40 xogadores mellor pagados da NBA. Os datos recollinos eu "manualmente" en decembro de 2022, co que non estarán actualizados.
No notebook explícase o procedemento que seguín para seleccionar o dataset, como preprocesei os datos e aplicar o algoritmo das K-Means (facendo uso da biblioteca scikit-learn) e incluín un apartado no que expliquei os agrupamentos obtidos.